Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios, facilitarle un acceso más rápido a los mismos y personalizarlos mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información en nuestra política de cookies

x

En VIAQUA innovamos para darche cada día, un mellor servizo.

Ser responsable significa cumprir as obrigas ou tamén, poñer coidado e atención no que se fai ou decide. Isto é tan só unha definición, pero en VIAQUA é unha parte irrenunciable do noso ser como empresa. 

O noso grao de responsabilidade respecto ao conxunto da sociedade é un compromiso adquirido desde a creación da compañía e é inherente ao servizo que ofrecemos.

Esta implicación reflíctese acotío nas nosas accións para a protección do contorna, na nosa aposta polas tecnoloxías avanzadas e limpas, no noso investimento en innovación, na nosa implicación para estender e mellorar o acceso á auga e, en definitiva, na nosa actitude de diálogo e colaboración cos grupos de interese estratéxicos, como son: clientes, equipo humano, administracións públicas, medioambiente, comunidades locais e provedores.

Só así podemos cumprir a nosa máxima vocación de satisfacer as expectativas de millóns de persoas en todo o mundo que depositan a súa confianza no noso traballo.

En VIAQUA cambiamos para progresar.
Progresamos para innovar.
Innovamos para darche cada día un mellor servizo.

En VIAQUA temos claro o noso compromiso cos nosos clientes e aspiramos a ser cada día máis próximos. Queremos seguir sendo fieis á nosa responsabilidade de coidarte.

Consulta aquí o máis destacado en Desenvolvemento Sostible 2015.

VIAQUA, ao coidado da auga.