Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios, facilitarle un acceso más rápido a los mismos y personalizarlos mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información en nuestra política de cookies

x

A excelencia ao servizo de todos os nosos clientes

Somos unha empresa do sector do medioambiente que xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga: a captación, a potabilización, o transporte e a distribución para o consumo cidadán con absolutas garantías sanitarias.

O modelo VIAQUA está baseado na excelencia do servizo prestado a todos os clientes: fogares e empresas. A nosa auténtica fortaleza fundaméntase na adaptación ás necesidades de todos os clientes sen excepción, na constante innovación tecnolóxica e na adecuada xestión do coñecemento, así como no uso sostible de todos os recursos de auga dispoñibles.

O compromiso de calidade que en VIAQUA asumimos con todos os fogares, empresas, institucións e administracións galegas, é a forza que nos dá pulo para mellorar cada día.

En VIAQUA aseguramos a correcta xestión da auga desde a captación ata que chega a todos os nosos clientes. Velamos e supervisamos polo correcto proceso da auga desde o seu estado natural ata os complexos usos sociais aos que está destinada.