Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios, facilitarle un acceso más rápido a los mismos y personalizarlos mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información en nuestra política de cookies

x

Perfil do contratante

Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, esta sociedade decidiu voluntariamente difundir, a través de Internet, as contratacións e licitacións que convoca en conformidade coa Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais, incorporando un perfil do contratante semellante ao dos entes do sector público na súa páxina web institucional.

O perfil de contratante poderá incluír calquera dato e información referentes á actividade contractual da sociedade, tales coma o marco contractual xeral, as condicións mínimas para poder ser contratista da sociedade, as licitacións abertas ou en curso e a documentación relativa a estas, os contratos adxudicados e calquera outra información útil de tipo xeral, como puntos de contacto e medios de comunicación que poden utilizarse para relacionarse co órgano de contratación.