Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios, facilitarle un acceso más rápido a los mismos y personalizarlos mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información en nuestra política de cookies

x

En VIAQUA queremos ser próximos e estar cada día máis preto de ti.

Xestiona todos os servizos VIAQUA desde a nosa Oficina Virtual.

Darse de alta

En VIAQUA traballamos sempre para mellorar a calidade dos nosos servizos.

Por iso, na Oficina Virtual de clientes de VIAQUA facilitámosche a realización de todas as xestións relacionadas co servizo de subministración da auga dunha forma rápida, cómoda e sinxela.
En VIAQUA queremos innovar nas nosas ofertas para facilitarche as túas xestións e ser cada día máis eficientes e fiables. Queremos establecer unha comunicación efectiva, mellorando e fomentando todas as canles non presenciais que nos permitan unha mellor dispoñibilidade.

En calquera momento e desde calquera lugar, sen desprazamentos nin esperas, poderás acceder á túa OFICINA VIRTUAL VIAQUA. Só é necesario que dispoñas de conexión a internet.

Durante 24 horas ao día, 365 días ao ano e cun só clic todo son vantaxes, porque podes:

  • Solicitar a contratación da subministración de auga.
  • Consultar a túa factura.
  • Descargar duplicados de factura.
  • Consultar historial de consumo.
  • Rexistrar lecturas de contador.
  • Modificar os teus datos de contrato.
  • Domiciliar os pagamentos.
  • Aboar recibos.
  • Solicitar a e-factura.
  • Solicitar tarifa bonificada.
  • Xestionar varios contratos.
  • Solicitar o cambio de titular.
  • Solicitar a baixa da subministración.
  • Realizar consultas e suxestións.

Date de alta e aproveita a comodidade de realizar todas as xestións desde onde ti prefiras.