Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios, facilitarle un acceso más rápido a los mismos y personalizarlos mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información en nuestra política de cookies

x

Aqualogía é o programa educativo de Viaqua para escolares de educación primaria.

Da man dos personaxes de Aqualogía poderás iniciarte no coñecemento da auga na túa cidade mediante recursos educativos dixitais e interactivos.

Aqualogía preséntanos a auga desde unha perspectiva consonte cos retos e oportunidades do noso mundo actual e futuro: intelixente, saudable e sostible. Mediante os xogos e os interactivos online, poderás traballar en clase que usos da auga facemos no colexio, como chega a auga ás nosas casas ou que tratamentos debemos facer para poder bebela ou para devolvela ao medio natural.

Os obxectivos educativos de Aqualogía:

  • Concienciar os escolares sobre a importancia da auga e o medio ambiente.
  • Achegar aos escolares o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga.
  • Potenciar a participación e a interacción dos alumnos mediante o uso de novas tecnoloxías.
  • Pór a disposición dos profesores unha ferramenta didáctica adaptada ao currículo de cada ciclo educativo.

Como divertirte en Aqualogía?

Solicítanos información en aqualogia@viaqua-sa.es